O.M.I.X (Oficina Municipal de Información Xuvenil)

Finalidade do servizo

Servizo para a mocidade integrado na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil da Xunta de Galicia, Consellería de Traballo e Benestar, Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.


A súa función é a de proporcionar ós mozos do Concello información, asesoramento e documentación de temas do seu interese como a educación, cultura, viaxes, ocio, emprego, idiomas, cursos, estudos, programas europeos etc; organizando dende esta unha serie de actividades xuvenís e de tempo libre co fin de promocionar a participación dos mozos na vida sociocultural.

Descrición das áreas de traballo

  • Información e asesoramento á xuventude

Descrición dos programas que desenvolven

  • Actividades orientadas á xuventude.
  • Axudas e subvencións.
  • Vivenda xove.
  • Expedición do Carne Xove Euro < 26 (Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega(12 a 30 anos), que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país).
  • Outras convocatorias.