“Mulleres empoderadas de Chandrexa”, é un programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia no marco das axudas para ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027
O principal obxectivo do programa era previr a violencia de xénero e mellorar a situación das mulleres en situación de especial vulnerabilidade, ofrecendo un espazo seguro no que un grupo de mulleres do noso concello puideron aprender, compartir experiencias, desfrutar e gañar autoconfianza, con obradoiros de habilidades e de autocoidado dende o pasado mes de maio.
Estes obradoiros e actividades contribuíron de xeito importante na mellora da autoestima das mulleres participantes, ademais de axudarlles a adquisición de novos coñecementos, habilidades e ferramentas que sen dúbida contribuíron tamén a mellorar a súa situación persoal, social e mesmo laboral.